InicioOccidentalXoveFinaliza o campamento para nenos e nenas na parroquia de Morás, en...

Finaliza o campamento para nenos e nenas na parroquia de Morás, en Xove, dentro do programa de actividades de verán

O Campamento discorreu os días 13, 14 e 15 de xullo.

Publicada o

- Advertisement -

Durante os días 13, 14 e 15 de xullo un grupo de 25 nenas e nenos, de idades comprendidas entre 9 e 13 anos, gozaron duns días de  campamento en Morás dentro do Programa de actividades de carácter medioambiental para xoves do Concello de Xove.

Nestes tres días, dende a saída o mércores ás 10:30 ata o regreso o venres ás 20:15 horas, tiveron un plan intenso e  variado de actividades en contacto estreito ca natureza que comprendeu desde a montaxe e a desmontaxe do campamento, o obradoiro “Coidamos da natureza”, surf na praia de Esteiro, sendeirismo, kaiaks, xogos acuáticos, tiro con arco e moitos xogos máis  para o  máximo goce da rapazada  participante.

Este campamento está encadrado dentro de Xuventude no  Programa de verán do Concello de Xove.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...