Evacuada unha persoa en Xove por un incendio nunha terraza dun edificio

O inmoble desaloxouse durante un tempo.

Parque de bombeiros. SALVAMENTO LUGO

Unha persoa foi trasladada ao hospital en Xove ao declararse un incendio nunha terraza dun edificio de vivendas, do que ademais foi necesario desaloxar a veciñanza. Segundo informa o 112, os propios veciños deron o aviso ao redor das 12,30 horas. Explicaban que o lume consumía unha grella e unha lavadora no segundo piso dun edificio.

Pasouse aviso aos Bombeiros de Viveiro e aos membros de Protección Civil da Mariña Lucense. Por precaución, o persoal do concello que se atopaba na zona optou por desaloxar o inmoble.

En canto aos traballos de extinción, os efectivos do parque viveirense ultiman neste momento a súa intervención, que se centrou nos electrodomésticos afectados polo incendio. A pesar de que non se puido precisar a orixe do lume, os bombeiros confirmaron que a estrutura da edificación non se viu afectada.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here