Finaliza o programa “Xove Concilia Verán” coa participación de máis de setenta nenos

Entre as actividades desenvolvidas houbo espectáculo de circo e clown pola igualdade.


O programa de conciliación “Xove Concilia Verán” comezou o pasado 27 de xuño. Contou cunha participación inicial de 61 persoas, e rematou o 6 de setembro cun número final de 75 nenos.

Durante o período anterior, e en horario de 9:00 ata as 14:00 horas, os nenos e nenas participaron en diferentes actividades, como manualidades, xogos tradicionais, pintura, contacontos, saídas polo concello e tamén con actividades especiais como o espectáculo de circo e clown pola igualdade de xénero.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here