InicioOccidentalXoveXove será o epicentro do Bolo Celta para veteranos esta fin de...

Xove será o epicentro do Bolo Celta para veteranos esta fin de semana

Contarase coa presencia de varios xogadores que foron campeóns de España en categoría senior e mesmo co campión olímpico en Barcelona 92.

Publicada o

- Advertisement -

Xove celebrará este vindeiro fin de semana, 10 e 11 de setembro, o Campionato de España de Bolo Celta na súa categoría de veteranos nos campos de bolos de Sumoas e de Lago.

Para este campionato vanse desprazar unha trintena de xogadores de toda España, maiormente de Asturias, Madrid e Galicia.

Prevese un gran nivel, xa que ainda que todos os xogadores son maiores de 58 anos, hai algúns que manteñen un nivel competitivo moi bo nos campeonatos de España senior.

Contarase coa presenza de varios xogadores que foron campeóns de España en categoría senior e mesmo co campión olímpico en Barcelona 92 (os bolos foron deporte de exhibición nestas olimpiadas).

O sábado xogaranse o campionato individual das categorías de Veterano (de 58 a 65 anos) e de Superveteranos (mais de 65 anos )

O domingo pola mañán xogarase o campeonato de parellas, as cales sairán dun clasificatorio que se fará o sábado para escoller as 8 mellores.

O club de Bolos Xove participa neste Campionato con 4 xogadores (3 en veteranos e 1 en superveteranos)

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...