IniciosociedadeUnha árbore para celebrar o Día Mundial do Alzheimer en Xove

Unha árbore para celebrar o Día Mundial do Alzheimer en Xove

A Ginko Biloba é unha árbore coñecida como árbore da memoria, xa que ten numerosas propiedades que facilitan a protección neurolóxica, e ten tamén fortes compoñentes antioxidantes.

Publicada o

- Advertisement -

A Residencia San Bartomeu de Xove celebra durante estes día o mes do Alzheimer cunha serie de actos, entre os cales destaca o celebrado hoxe na Praza do Concello de Xove que contou coa asistencia dun grupo de residentes ao que se sumou un numeroso público.

Todo isto para celebrar que o 21 de setembro é o Día Mundial do Alzheimer. Durante o acto fíxoselle entrega ao Concello dunha árbore Ginko Biloba xunto coa súa placa identificativa.

A Ginko Biloba é unha árbore coñecida como árbore da memoria, xa que ten numerosas propiedades que facilitan a protección neurolóxica, e ten tamén fortes compoñentes antioxidantes.

É importar sinalar que neste acto se pediu seguir investigando esta enfermidade e afondando nas posibles solucións que poida ter.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...