InicioOccidentalXoveXove estrea o seu Xeoportal de Datos para a visualización e consulta...

Xove estrea o seu Xeoportal de Datos para a visualización e consulta urbanística do PXOM

O “Xeoportal de Datos” é un paso para favorecer a visibilidade e a transparencia da información municipal a todos os veciños e persoas interesadas.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Xove lanza o “Xeoportal de Datos”, dispoñible online e que ofrece un servizo de visualización e consulta urbanística por parcela catastral do Plan Xeral de Ordenación (PXOM) aprobado e tamén ofrece a consulta dos bens inventariados no inventario de bens e dereitos municipais. Para acceder a este portal hai que entrar primeiro na páxina web do noso Concello (www.xove.es) e unha vez dentro, entrar no visor.

Esta ferramenta, basada en tecnoloxía de GIS, facilita o acceso á información dos bens de propiedade municipal inventariado e a consulta urbanística mediante a busca por referencia catastral ou dirección, ofrecendo a versatilidade de poder realizar as consultas dende calquer dispositivo e a activación da geolocalización en dispositivos móviles con GPS e consultar así dende calquer punto do territorio a planificación urbanística.

O “Xeoportal de Datos” é un paso máis para favorecer a visibilidade e a transparencia da información municipal da información municipal a todos os veciños e persoas interesadas.

Polo momento, este tipo de tecnoloxía téñena instalada os Concellos de Vigo, A Coruña e Santiago, sendo o Concello de Xove o cuarto, e primeiro na provincia de Lugo, que dispón desta importante ferramenta, que vai ser utilísima para todos os nosos veciños e para todas aquelas persoas que estén interesadas no noso Concello.

Para rematar, decir que a instalación desta tecnoloxía correu a cargo da Empresa Procat Ingeniería y Medioambiente.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...