A Festa do Ramo está organizada pola Asociación Cultural e de Festexos “Alto do Cruceiro”, da cal formamos parte, organizando por décimocuarto ano consecutivo a Festa do Ramo, a cal terá lugar o venres 30 de setembro, sábado 1 e domingo 2 de outubro, no Alto do Cruceiro. Antes de seguir con outras cousas, decir que esta festa a recuperamos despois de 14 anos sen celebrarse.
O lugar de celebración será no Campo da Festa “Onofre Louzao”, un recinto inaugurado hai cinco anos en honra a Onofre Louzao, máximo promotor desta festa e falecido hai 7 anos. Este recinto está ubicado nas inmediacións do centro social do Alto do Cruceiro, a uns 150 metros da estrada nacional Viveiro-Ribadeo, polo que acceso á mesma é moi fácil e sinxelo. Ante posibles incidencias climatolóxicas erguerase unha carpa. Para unha maior comodidade dos visitantes haberá aparcamentos no entorno do campo da festa.
En canto ao programa de actividades, destaca a celebración da Festa dos Calos, na súa décimo cuarta edición, e que terá lugar o venres 30 de setembro a partires das 8 da tarde. Trátase dunha festa gastronómica onde os participantes aboarán un prezo de 6 €uros para poder degustar unha ración de calos, pan e viño. En total repartiranse máis de 1.000 racións.
Para conseguir estas racións, no mesmo lugar da festa haberá un posto onde os visitantes van poder adquirir tickets por valor de 6 €uros, cos cales despois cambiarán polas conseguintes racións de calos. A festa rematará co programa de baile a partires das 11 da noite, amenizado pola orquestra Ritmo Joven e unha Disco Móvil.
En canto ao programa de actividades previsto para o sábado 1 de outubro:
– ás 13:00 horas: Misa Solemne e Procesión.
– ás 14:00 horas: Sesión Vermú a cargo do Grupo Atenas.
-ás 22:30 horas: Verbena co Grupo Atenas e a Discomóvil Conxuro.
Para rematar a festa, o domingo 2 de outubro, teremos:
14:00 horas: Sesión Vermú co Dúo Zafiro.