Xove entrega en Celeiro máis de 400 sinaturas contra a prohibición da pesca de fondo

Tamén, no Pleno do Concello celebrado este pasado luns, aprobouse por unanimidade unha moción presentada polo PP de apoio ao Manifesto pola pesca.


O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, fixo entrega hoxe en Celeiro das 439 firmas recollidas polo Concello en apoio ao Manifesto pola pesca, marisqueo.

As sinaturas motran tamén o rexeitamento a medidas como a prohibición da pesca de fondo en 87 áreas de augas europeas decretas pola comisión europea. Estas firmas recolléronse nas oficinas do Concello e nos locais de hostalaría de Xove. Dende o Concello agradéceselle a todas as persoas que asinaron a adhesión ao Manifesto o seu apoio.

Tamén, no Pleno do Concello celebrado este pasado luns, aprobouse por unanimidade unha moción presentada polo PP de apoio ao Manifesto pola pesca.

Con isto, desde o Concello “quérese deixar claro o rotundo apoio ao sector pesqueiro galego ao completo, e o rexeitamento a esas medidas tan dañinas que a Comisión Europea quere impor aos nosos pescadores“.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here