InicioOccidentalXoveXove concede os premios do VIII Concurso de Fotografía Medioambiental

Xove concede os premios do VIII Concurso de Fotografía Medioambiental

O xurado estivo composto polo fotógrafo xovense Santos Cordovilla e o fotógrafo de El Progreso José María Álvez .

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Xove, a través da Concellería de Medioambiente convocou a comezos do verán o VIII Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.

Dentro do concurso tivemos unha única categoría. O xurado, composto polo fotógrafo xovense Santos Cordovilla e o fotógrafo de El Progreso José María Álvez acordou otorgar os seguintes premios:

Primeiro premio de 120 €uros: Dº DAVID MARIÑO BOUZA coa obra “PLAYA DE REBOEIRA“.

Segundo premio de 100 €uros: Dº ANTONIO HERRERA HUERTA coa obra “RESCATE EN SARÓN“.

Terceiro premio de 90 €uros: Dº GERMÁN PALEO NAVARO coa obra “ NÉBOA NO RONCADOIRO“.

Cuarto premio de 75 €uros: Dº MARÍA ISABEL PÉREZ MARTÍNEZ coa obra “SOLPOR DENDE MORÁS“.

Quinto premio de 65 €uros: Dº JOSÉ MANUEL ARROYO GIMENO coa obra “FARO DE RONCADOIRA“.

 

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...