InicioOccidentalXoveXove recibirá de novo a unidade móbil do programa "Coidados Porta a...

Xove recibirá de novo a unidade móbil do programa “Coidados Porta a Porta” en novembro

A unidade móbil dispón de acceso para persoas con mobilidade reducida e estará situada na praza do Concello, dende as 9 da mañá ata as 8 da tarde, en horario continúo, durante os días 3, 4, 7 e 8 de novembro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Xove recibirá durante os días 3, 4, 7 e 8 de novembro a unidade móbil do programa “COIDADOS PORTA A PORTA” promovido dende a Consellería de Política Social.

Este programa ofrece servizos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria, para maiores de 55 anos, que poderán acceder gratuitamente aos diferentes servizos que se ofertan no programa.

Servizo de Audioloxía , consistente nunha revisión e valoración auditiva.

Servizo de Podoloxía para prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés.

Servizo de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, consistente en realización de probas de valoración cognitiva e funcional.

Todas as persoas interesadas en participar neste programa, poderán reservar a súa cita no teléfono 622748283, 623546992.

A unidade móbil dispón de acceso para persoas con mobilidade reducida e estará situada na praza do Concello, dende as 9 da mañá ata as 8 da tarde, en horario continúo, durante os días 3, 4, 7 e 8 de novembro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...