InicioOccidentalXoveXove restaura o lavadoiro de "Rego de María Canoura" na parroquia de...

Xove restaura o lavadoiro de “Rego de María Canoura” na parroquia de Morás

Con esta obra o Concello continúa coa recuperación dos lavadoiros e das vellas fontes parroquias, poñéndoas novamente en valor, recuperando ao mesmo tempo o entorno, todo para facilitar o seu uso por parte os veciños.

Publicada o

- Advertisement -

restauración do lavadoiro “ REGO DE MARIA CANOURA” levouse adiante co obxeto de dar servicio ao núcleo rural de Aldea de Abaixo na parroquia de Morás, e integralo no seu entorno, aproveitando para a sustitución das planchas de fibrocemento con amianto, existentes na actual cuberta.

A obra comezou cunha serie de demolicións das partes máis deterioradas, continuou coa colocación de tuberías de drenaxe e un colector de saneamentos pluviais, e para rematar realizouse o paredado dos 4 pilares con pedra granítica, construíronse muros perimetrais e outros elementos con cachotería de pedra granítica, cubríndose o conxunto cunha cuberta a catro augas, con vigas, pontóns de taboleiro de abeto laminado, cuberto o conxunto con lousa e cumbreira de tella cerámica. Todo o conxunto foi construido con materiais que se integran perfectamente no entorno.

Con esta obra o Concello continúa coa recuperación dos lavadoiros e das vellas fontes parroquias, poñéndoas novamente en valor, recuperando ao mesmo tempo o entorno, todo para facilitar o seu uso por parte os veciños.

Os lavadoiros e as fontes, dos que en Xove hai un bó número, son elementos importantes da nosa arquitectura tradicional, de aí que sexa importante a súa recuperación e posta en valor por parte das administracións públicas, neste caso o noso Concello.

Esta obra foille adxudicada á empresa Construcciones y Canalizaciones Joser Saa S.L. na cantidade de 30.110,28 €uros. A mesma englobouse dentro dos Fondos de Compensacion Ambiental da Xunta de Galicia, contando cunha subvención de 15.569,60 € da Dirección Xeral de Administración Local da Vicepresidencia 1ª da Xunta de Galicia. A restante financiación correo a cargo do Concello.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...