O pasado 3 de novembro a Ministra de Política Territorial presentou o Plan “La Administración cerca de ti”, para facilitar que os habitantes dos concellos, poidan realizar os trámites desde o seu municipio sen necesidade de desprazarse. O obxectivo é informar os cidadáns e cidadás dos trámites e prestacións, axudalos e orientalos para un mellor aproveitamento da Administración para combater as fendas dixitais, territoriais e de xénero.
No marco deste Plan, funcionarios pertencentes a esta Subdelegación do Goberno en Lugo, achegaranse aos distintos concellos coa finalidade de ofrecer unha sesión informativa sobre os servizos que prestan delegacións, subdelegacións e direccións Insulares, e facilitarase así mesmo información sobre sistemas de identificación e firma dixital, con especial referencia ao procedemento de expedición de certificados dixitais da FNMT.