InicioOccidentalXoveXove presentará este mércores o Pograma "La administración cerca de ti" nun...

Xove presentará este mércores o Pograma “La administración cerca de ti” nun acto totalmente libre

O pasado 3 de novembro a Ministra de Política Territorial presentou o Plan "La Administración cerca de ti", para facilitar que os habitantes dos concellos, poidan realizar os trámites desde o seu municipio sen necesidade de desprazarse.

Publicada o

- Advertisement -
O Concello de Xove acollerá este  mércores 23 de novembro ás 12:30 no Salón de Actos do Centro Cívico, personal da Subdelegación de Goberno de Lugo vai presentar o Programa “LA ADMINISTRACIÓN CERCA DE TI”. A esta presentación están invitados todas as persoas do Concello e nela váiselles dar información aos cidadáns sobre trámites e outras cuestións (certificados dixitais,…). O acto é totalmente aberto e libre.

 

O pasado 3 de novembro a Ministra de Política Territorial presentou o Plan “La Administración cerca de ti”, para facilitar que os habitantes dos concellos, poidan realizar os trámites desde o seu municipio sen necesidade de desprazarse. O obxectivo é informar os cidadáns e cidadás dos trámites e prestacións, axudalos e orientalos para un mellor aproveitamento da Administración para combater as fendas dixitais, territoriais e de xénero.

No marco deste Plan, funcionarios pertencentes a esta Subdelegación do Goberno en Lugo, achegaranse aos distintos concellos coa finalidade de ofrecer unha sesión informativa sobre os servizos que prestan delegacións, subdelegacións e direccións Insulares, e facilitarase así mesmo información sobre sistemas de identificación e firma dixital, con especial referencia ao procedemento de expedición de certificados dixitais da FNMT.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...