InicioOccidentalXoveTeatro en Xove para este sábado para todos os públicos no...

Teatro en Xove para este sábado para todos os públicos no Centro Cívico

Publicada o

- Advertisement -

Este sábado 3 de decembro, ás 20:00 h. no Salón de Actos do Centro Cívico, o Grupo de Teatro Os Trocos van por en escena a obra A Croa dos Chairos, unha comedia para todos os públicos.

Esta actuación pertence ao Circuito de Teatro Afeccionado da Deputación de Lugo, “Ciclo Gargalladas”, e conta coa colaboración do noso Concello

O GRUPO

Os Trocos son un grupo de teatro que xurde en Castro de Rei no 2012 a partir da Escola de Teatro Municipal. Desde aquela levan representadas varias comedias, como “Falamos de cartos”, “Camping Gas”, “Almacéns Nova Chaira”, “Barvarela: almorzos e cubatas”, “Full Monte”, “Farsa Plautina”, “Unha noite de primavera sen sono” e “Por un puñado de grelos”. A súa actividade teatral tamén inclúe a creación de comparsas de entroido, coas que levan gañados diversos premios por toda a comunidade. O grupo está composto por un nutrido número de actrices e actores de diversas idades, e as obras que representan, sempre dirixidas por Guillermo Cancelo, suelen ser de creación propia. O que buscan Os Trocos é entreter, xerar cultura e difundir as artes escénicas entre un público que aumenta con cada unha das súas creacións.

A OBRA

Comedia. Todos os públicos.

Sinopse: Ano 347 dunha nova era, apenas fai dez anos do pasamento do Emperador Constantino O Grande, precursor dunha nova relixión que rexe agora no vasto Imperio Romano: o cristianismo. No noroeste da península, unha serie de pobos organizados en pequenas comunidades viven ao seu aire. Os astros, a natureza e os seus deuses, son a ponte espiritual para chegar ao máis alá ou ao máis aló, ou como eles mesmos din: desde o Seixo á porta do Alén! O mundo coñecido atópase en plena transformación, chegan novos tempos. Na Croa de Viladonga vive o pobo Chairo ao marxe dos cambios que acontecen no resto de Europa. Moi preto deles, a cidade de Lucus Augusti, de influencia romana, expande os seus dominios… o enfrontamento entre pobos e culturas é inevitable.

Autoría: Guillermo Cancelo.

Dirección: Guillermo Cancelo..

Elenco: 14 actrices e actores.

ESCOLA MUNICIPAL DE NATACIÓN

Xove tamén abre un novo programa de Cursos de Natación para o ano 2023.

Natación de Niveis para Nen@s. (+5 anos)

(Nivel Blanco – Amarelo – Verde – Azul – Vermello )

Duración: Bimensual / Dias: alternos (luns-merc-venres /martes-xoves

Horarios: 16:15 h / 17:30 h / 18.45 h.

.Natacion Adultos: Iniciación, Mantemento, Perfeccionamento, Ximnasia na Auga.

Duración: Mensual ou Bimensual / Dias: 2 a semana. (martes-xoves)

Horarios: 10:30h / 20:15 h

.Natación Peques. (2,3 e 4 anos). Solo Xullo – Agosto

Duración: Mensual / Dias: 2 a semana. (luns-merc / martes-xoves)

Horarios: 10:30h / 11:30 h.

Natación de Verán (Xullo-Agosto) Todolos Niveis.

Duración: Mensual. Intensivo de luns a venres.

Horarios: 19:15h / 20:15 h

Para apuntase nestes Cursos a Escola vai abrir a inscrición, primeiro para os censados en Xove e despois para os de fóra:

INSCRICIÓN alumnos/as censados en Xove

DIAS: 12 -13 de Decembro (luns-martes)

HORA: de 9:30h. a 13:30h.

LUGAR: Aula Municipal de Formación (enfrente Residencia 3ª idade)

INSCRICIÓN alumnos/as de fóra de Xove

DIAS: 14 -15 de Decembro. (mercores-xoves)

HORA: de 9:30h. a 13:30h.

LUGAR: Aula Municipal de Formación (enfrente Residencia 3ª idade)

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...