Visita ao patrimonio de Xove organizada por Mariña Patrimonio para o 10 de decembro


Mariña Patrimonio estamos organizando para o próximo sábado día 10 de decembro unha visita polo patrimonio do Xove. Nesta saída contaremos coa colaboración de Lucía Meitín, especialista en cultura e patrimonio do concello de Xove, e de Antón Niñe, gran coñecedor do patrimonio relixioso da nosa comarca. Está previsto visitarmos, en xornada de mañá, a Igrexa e o Pazo da Rigueira, a Igrexa de Xuances e San Tirso; en xornada de tarde, a aldea de Morás, onde escoitaremos falar das tradicións de Xove.

Aínda que a data límite para apuntarse remata o martes 6 de decembro , cómpre facelo canto antes para facilitar a organización da actividade, tendo en conta que hai un límite de participantes e terán prioridade aqueles que antes o comuniquen. Para máis información e coñecer os detalles desta visita a Xove, pódese consultar o blog de Mariña Patrimonio http://mrpatrimonio.blogspot.com

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here