Xove celebrará unha conferencia sobre o Alzheimer a próxima semana na aula de formación da OMIX

Esta conferencia está dirixida aos coidadores de persoas con Alzheimer e outras demencias, e a todas as persoas que están relacionadas e interesadas co tema.

Centro cívico de Xove. ARQUITECTURA DE GALICIA

O próximo día 14 de decembro as 11:30, terá lugar na aula de formación da OMIX de Xove, unha charla informativa organizada por CEAFA (Confederación española de asociacións de persoas con Alzheimer e outras demencias), CINFA, AFA Viveiro en colaboración co Concello de Xove.

Na devandita formación abordaranse diferentes temas como en que consiste a enfermidade de Alzheimer, os síntomas das persoas afectadas, a importancia do papel do coidador e as directrices mais importantes para coidarse e coidar mellor.

Na mesma informarase dos recursos sociais e servizos que existen actualmente para as persoas que padecen a enfermidade de Alzheimer. Esta conferencia está dirixida aos coidadores de persoas con Alzheimer e outras demencias, e a todas as persoas que están relacionadas e interesadas co tema. As persoas interesadas en asistir deberán anotarse nos Servizos Sociais Municipais chamando ao teléfono 982592001.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here