Na praza do Centro Cívido vaise instalar unha pista de xeo, estando aberta todos os días do 15 ao 30 de decembro, ambos días inclusive.
Os horarios de apertura van ser os seguintes:
A apertura o 25 de decembro vai ser opcional, e abrirase ou non dependendo dalgúns factores de última hora. En calquer caso, avisaremos do que se faga este día.
O prezo das entradas é de 7 € para o público en xeral (prezo en taquilla) e de 5€ para os que presenten bonos desconto de 2 €uros. Estes bonos desconto serán repartidos polos comerciantes asociados da ACIAM Xove, e vanse entregar tamén estes bonos descontos a ANPAS, colexios e institutos de Xove e da zona. Polo tanto, animamos a todas as persoas que gusten desta actividade a que veñan a Xove, e xa saben, se mercan nun establecemento asociado noso van ter un desconto de 2 €uros.
Nesta actividade, organizada por Aciam Xove, contamos co patrocinio do Concello e coa colaboración da ANPA Xove.
ACIAM Xove tamén abreu o prazo para apuntarse a unha cea-baile que se vai desenvolver o venres 16 de decembro, a partires das 22:30 horas, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove.
O prezo desta cea-baile é de 60 €uros por persoa. Os tickets poden adquirirse en Xove nos seguintes lugares: Panadería Maral, Gasolinera Transportes Paraiso, Noceda e Pulpería Mario. O xoves 15 de decembro (inclusive) será a data límite para adquirír os tickets para cea.
Aciam Xove quere compartir con todas as persoas este día, polo cal informamos que esta cea-baile está aberta a todo o mundo, sexa asociado de ACIAM Xove ou non.
En canto ao menú, temos:
Entrantes:
Pulpo á Feira
Xamón Cocido
Menú:
Langostinos a la plancha
Carrillera de cerdo ibérico al Mencía
Postre:
Tarta Ferrero
Vino y bebidas:
Vino Rioja crianza
Vino Blanco Albariño
Agua y refrescos
Café y Copa
Rematada a cea, haberá baile.