InicioOccidentalXoveAberta a inscrición para o X Concurso de Karaoke en Xove

Aberta a inscrición para o X Concurso de Karaoke en Xove

A inscrición vai estar aberta con carácter xeral ata o xoves 29 de decembro. A inscrición vai estar aberta tamén o mesmo día de celebración do Concurso, en horario de 17:00 a 19:00 horas no Pavillón Municipal, para os que inda queiran apuntarse.

Publicada o

- Advertisement -

Dentro do Programa de Nadal deste ano no Concello de Xove, celebra este ano o  X Concruso de Karaoke, que se celebrará o venres 30 de decembro no Pavillón Municipal de Deportes.

Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; IUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para maiores de 18 anos. As BASES, FICHA DE INSCRICIÓN e a RELACIÓN DE CANCIÓNS para participar pódense consultar nas Oficinas Xerais do Concello, no Departamento de Cultura e na Web do Concello. Tamén podemos enviar toda esta documentación por email (Bases, Ficha de Inscrición e Relación de Cancións), se así nolo solicitan.

A inscrición neste Concurso é de carácter totalmente gratuita e xa está aberta. A mesma pódese facer de varias maneiras, ben presencialemente nas oficinas do Concello, máis concretamente na oficina do Técnico Municipal de Cultura en horario de oficina, ou ben por teléfono, chamando ao Concello; neste segundo caso a documentación haberá que aportala con posterioridade. Para a inscrición só se esixe unha copia do DNI do participante se este é maior de idade e, se é menor, unha focopia do DNI do pai, nai ou titor/a do mesmo.

A inscrición vai estar aberta con carácter xeral ata o xoves 29 de decembro. A inscrición vai estar aberta tamén o mesmo día de celebración do Concurso (venres 30) , en horario de 17:00 a 19:00 horas no Pavillón Municipal, para os que inda queiran apuntarse.

En canto aos premios do Concurso, temos 3 por categoría: dous premios á Mellor voz e 1 premio á Mellor caracterización.

PREMIOS:

Peques.

Premio á “Mellor voz” : 2 premios de 60 euros

Premio á “Mellor caracterización”: 60 euros

Iunior

Premio á “Mellor voz”: 2 premios de 90 euros

Premio á “Mellor caracterización”: 90 euros

Veteranos

Premio á “Mellor voz” : 2 premios de 150 euros

Premio á “Mellor caracterización”: 150 euros

En total son 900 €uros en premios en metálico.l

E importante sinalar que o pago dos premios vaise realizar o mesmo día do Concurso, ao remate do mesmo; con isto queremos darlles facilidades aos premiados e premiadas que veñan de fóra de Xove, para que non teñan que volver a desprazarse ata Xove para poder cobralo premio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...