InicioOpiniónOPINIÓN: Críticas contra a xestión do Punto Lila da Xira en Ribadeo

OPINIÓN: Críticas contra a xestión do Punto Lila da Xira en Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

Observatorio da Mariña pola Igualdade

Denunciamos a xestión irresponsable do Punto Lilá da Xira: o que debería ser un espazo seguro converteuse nun divertimento caótico baseado no alcol. Está sendo un verán insoportable, só no mes de xullo 8 feminicidios no estado español. Ante cada novo caso (unha máis na lista) sentimos a normalización do consumo de asasinatos machistas.

A lóxica da barbarie: compañeiras ás que lles segan a vida e engrosan estadísticas sen que poñamos un freo de verdade. Son necesarios os puntos lilás? Por suposto: Vivimos tempos nos que se volve cuestionar a violencia de xénero sístémica que padecemos as mulleres polo feito de ser mulleres.

Precisamos os puntos lilás porque as festas e as noites non son seguras para nós. Non podemos quedar impasibles ante isto. Un punto lilá debe ser un punto de infomación, sensibilización e intervención en casos de violencia sexual durante as festas. Esíxeselle rigor: ten a obriga de dar seguranza e protección para que as mozas podan denunciar ou pedir axuda ante calquera tipo de abuso, agresión sexual ou discriminación.

O concepto compréndese fácilmente, pode atribuirse á ignorancia o desenvolvemento do punto violeta da Xira? Entendemos que non: é estratexia política. Hai unha liña fina entre a información e a publicidade. Un punto lilá debe informar sobre un problema social de primeiro orde, cos conceptos, as imaxes e as formas apropiadas.

Denunciamos o blanqueamento do lecer baseado na inxesta de alcol, nunha mezcolanza de pulseiras e chapas. Unha concelleira de Igualdade en silencio ante as queixas das compañeiras, unha técnica do CIM sen argumentos e unha persoa ao frente do posto que só foi capaz de articular: “la bebida ya la he bajado”

Esiximos explicacións a esta forma de xestionar o espazo. Non é un tema menor, non podemos permitir que se xogue desta maneira ca eliminación das desigualdades. Accións como as promovidas polo Concello de Ribadeo na Xira distorsionan e desenfocan a violancia sexual contra as mulleres.

E sacaranse fotos e publicarán novas sobre o éxito do punto violeta …pero cando vaiamos á realidade material e lle preguntemos a Diana, a Belén ou a Carmen elas contarannos que lles tocaron o cu e/ou as tetas sen consentimento. Sinalamos por último que o punto se recolleu ás 21:00 tras as queixas e reclamacións: un punto violeta que durante o día xoga cas nosas liberdades e pola noite desaparece non é unha ferramenta transformadora.

(Darémoslles un dato: a maioría dos casos de acoso e agresión sexual vívense en espazos de lecer nocturno). Sinalemos, persigamos e denunciemos a violencia sexual…señora concelleira: o feminismo ten que estar na súa axenda…e nas nosas festas…porque queremos noites sen medos.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

ACISA Ribadeo suma case 30 novos asociados en 2023

Acisa Ribadeo suma case 30 novos negocios asociados neste ano 2023, cifra record de...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...