Diario de corentena: a sorte de vivir no rural

Xornal de Lemos, Xornal de Lugo e Xornal da Mariña inician unha bitácora colectiva para contar desde distintas perspectivas o encerro polo coronavirus

"A aira chántaseme diante dos ollos como a maior das liberdades", escribe Silvia López. LUGO XORNAL

Xa van tres días desde que se aprobou, pero algunhas permanecemos recluídas dende o venres pola mañá. Cinco días sen saír da casa. Ou case. Vivir a 30 quilómetros da capital lucense, nunha aldea rural, muda un pouco o asunto. Xa non collo o coche para ir tomar algo cos amigos, nin tampouco vou de paseo nos días libres, pero aquí a aira da casa chántaseme diante dos ollos como a maior das liberdades.

Que ben nos cadrou cocer a semana pasada. Agora temos pan para un mes polo menos. Tense que dar a cousa moi mal para que nos pueblos non vaiamos tendo para comer. Entre as matanzas e a horta…

Desde este martes, redactores de Xornal de Lemos, Lugo Xornal e Xornal da Mariña publicarán un diario de corentena por mor do coronavirus. Podes ler nesta ligazón o artigo de Silvia López no Lugo Xornal.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here