“Científicos, persoal sanitario e responsables das diferentes administracións públicas son as voces que debemos escoitar estes días e seguir as súas indicacións. A cantidade de bulos, noticias falsas, animaladas e pseudociencia que nos chove a través das redes sociais pode ser tan nociva como o propio virus.
Ocorreu estes días, nos que se ve ós propietarios de cans paseando con total calma e sen que ningún corpo ou forza de seguridade lles diga nada ou interrompa o seu desfrute. Será que o can os inmuniza, será que teñen máis dereitos que os demais… Ou será que o goberno bastante ten co coronavirus como para enfrontarse a unha nova batalla nas redes sociais. En cambio, a un veciño de Monforte case o crucifican por levar unhas cabras pacer. Logo han querer comer cabrito…”
Andrés Pavón continúa o Diario de Corentena, bitácora colectiva de Xornal de Lemos, Xornal de Lugo e Xornal da Mariña. Le o seu artigo nesta ligazón.