“Vimos de ver que as festas da Maruxaina contarán con máis aseos públicos e cunha maior vixilancia, unha solución que pouco ten que ver co verdadeiro problema do que aconteceu na vila de San Cibrao e de todo canto acontece a cotiá. A derradeira trampa, o patriarcado que permea dende as “nosas” institucións ata o discurso popular. Ese monstro que leva a homes e mulleres a culpabilizar ás vítimas e que pón o foco, unha luz abrasadora, nun xesto tan mínimo como mexar nun sitio público ante as insuficiencias de servizos nunha festa multitudinaria cando o que verdadeiramente debería de facernos enoxar é a mercantilización total e absoluta dos corpos das mulleres. Tan pouco vale o noso corpo? Semella que para moitos o máis vergoñento non é que eses corpos pertencentes a mulleres que coñecen fosen arrebatados, e iso non se arranxa con aseos senón coa restruturación dos nosos valores como sociedade. Temos materias pententes; o respecto á muller, a empatía ante as desgracias das que non formamos parte. A necesidade dunha coeducación e de cambios profundos no sistema. Ao patriarcado non o para unha cámara de vixilancia porque o ollo que mira pertence ao mesmo dono. Ao patriarcado fréao unha marea lila. Nós estamos con elas”.
OPINIÓN: E aínda teremos que dicir que chove
O Observatorio da Mariña Pola Igualdade remite este artigo de opinión a nova vixiancia anunciada para a Maruxaina a partires da polémica que aconteceu no 2019 cando varias mulleres foron gravadas mentres ouriñaban detrás duns coches. Os vídeos foran subidos a páxinas pornográficas.
Publicada o

- Advertisement -