InicioOpiniónOPINIÓN: Heroínas

OPINIÓN: Heroínas

Publicada o

- Advertisement -

Carmen Cruzado é xornalista

Hai que ser moi valente para deixar atrás unha vida e para percorrer preto de 5.000 quilómetros en busca dun novo horizonte de paz acompañada de seis nenos e nenas, tres deles moi pequenos (de 2, 3 e 4 anos). Esa decisión adoptouna hai unhas semanas a mamá ucraína que o pasado 2 de maio chegaba a Ribadeo xunto aos seus fillos. Ela é unha valente heroína.
Atrás quedaron días e días de incerteza, de medo e de angustia no pequeno pobo de Schors (provincia de Chernigov), no que residían en Ucraína preto das fronteiras de Rusia e Bielorrusia. Armouse de valor e apareceu en Kiev. Desde alí puido viaxar a Cracovia, en Polonia, onde pasou varios días nun campo de refuxiados e despois nun hotel ata que puido desprazarse a Francia e desde alí a Madrid para finalmente recalar en Ribadeo. Todo grazas á axuda dunha ONG e dunha familia ribadense, que lles abriu as portas da súa casa.
Atrás queda o pesadelo da invasión rusa sobre Ucraína, atrás queda tamén parte da súa familia, a fame negra e a pobreza que traerá esta cruel guerra. Por diante teñen un futuro sen ruídos de tanques, de avións ou de bombas, tempo para compartir coas nenas e os nenos ribadenses na escola ou no parque, o amor das súas dúas familias de Ribadeo, as que desde hai uns anos acollían a dous das súas fillas no verán e en Nadal. E por diante, estou segura de que terán a axuda e o agarimo das e os ribadenses.
As guerras non teñen sentido, nunca o tiveron e agora en pleno século XXI moito menos. Que a solidariedade se converta na nosa compañeira de viaxe cos refuxiados ucraínos e tamén con aquelas outras persoas que o poidan necesitar, cheguen de onde cheguen. Hoxe por ti e mañá por min. Heroínas son as familias de Pilar e Valentín, de Beatriz e Jose, do mesmo xeito que o resto de familias ribadenses acolledoras de nenas e nenos ucraínos, que están a contar os días para poder abrazar aos que aínda seguen alí, pero espéranlles aquí.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...