InicioM.ambiente e PatrimonioUn gran aparcadoiro e aposta polas fontes renovables nas Catedrais, o proxecto...

Un gran aparcadoiro e aposta polas fontes renovables nas Catedrais, o proxecto de Ribadeo para os Next Generation

Prevé un investimento de 2,5 millóns de euros  para captar 3.300 visitantes diarios.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo presentou a súa candidatura para optar a fondos Next Generation da UE, cun proxecto para “transformar e desconxestionar” a contorna da praia das Catedrais, que contempla a construción dun aparcadoiro, así como outras medidas adicionais de mellora.

Segundo explicou o concelleiro de Desenvolvemento Local e Turismo, Pablo Vizoso, o proxecto prevé un investimento de 2,5 millóns de euros e, de ser aprobada o financiamento comunitario (o que podería resolverse a principios de maio), suporía “un revulsivo total” no turismo e o comercio deste municipio.

Así, o edil explicou que o proxecto contempla varias actuacións. A primeira delas é a posta en marcha dun novo aparcadoiro, “coherente co establecido no Plan Especial de Protección das Catedrais”, para aumentar a protección do espazo natural e “despexar” a contorna da praia, regulando o fluxo de tráfico.

Sería un aparcadoiro con capacidade para albergar cada día a unhas 3.300 persoas de media, dotado de control de acceso intelixente, con puntos de recarga de coches eléctricos e un sistema de iluminación alimentada con enerxía solar, explicou Vizoso.

Outras das medidas que se contemplan son a creación dunha área de acollida e recepción a visitantes, a implantación dun sistema de intelixencia turística e a creación dun sistema de bicicletas eléctricas, con estacións en Ribadeo, Rinlo e na praia das Catedrais.

Por último, o plan prevé tamén a posta en marcha dun sistema de fidelización asociado ao aparcadoiro de Augas Santas, para fomentar o gasto no comercio local, e aumentar así o impacto económico no resto do municipio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...