IniciosociedadePor Nuestro Faro denunciará ante a Valedora que Ribadeo "nega información" sobre...

Por Nuestro Faro denunciará ante a Valedora que Ribadeo “nega información” sobre o hotel

O colectivo critica que o Concello non responde ás súas preguntas sobre o proxecto de fosa séptica e verquido

Publicada o

- Advertisement -

O colectivo Por Nuestro Faro asegurou a través dun comunicado que se dirixirá á Valedora do Pobo para denunciar “o non respecto á lei de Transparencia” por parte do Concello de Ribadeo.

A agrupación sinala que pasaron “dous meses” desde que solicitou información ao goberno local “sobre o proxecto de fosa séptica e verquido na Illa Pancha, sen que houbese resposta por parte do alcalde, o nacionalista Fernando Suárez Barcia.

A asociación explica que é a segunda vez que requere información ao Concello sen obter contestación. A primeira vez foi o 7 de setembro de 2018. Así, levará esta cuestión á Valedora.

O Concello de Ribadeo “informa do que lle interesa e nega aos veciños o dereito democrático máis fundamental“, asegura a agrupación. 

Por Nuestro Faro expón que a adxudicataria da concesión na Illa Pancha, onde se ubicará un hotel, presentou un proxecto para legalizar unha fosa séptica, que a Xunta de Galicia someteu a exposición pública con data do 18 de agosto do 2018.

Segundo o colectivo, “no mesmo proxecto xa se indicaba que a fosa estaba construída desde abril do 2017”.

Así, a agrupación presentou “unha serie de alegacións subliñando, entre outros puntos, o raro de que a obra xa estea executada sen permiso algún, maiormente nunha zona protexida pola Rede Natura 2000, que contempla un verquido nunha zona non concesionada con risco de ir directamente ao mar”.

“FAVORECE Á EMPRESA PRIVADA”

A asociación pregúntase “como se concedeu a licenza de apertura sen ter resolto o problema dos verquidos de residuais”, e por que o Concello “mira para outro lado cando está perfectamente documentado que esa obra se fixo sen legalizar”.

Así, Por Nuestro Faro acusa ao equipo de goberno ribadense de “favorecer os intereses dunha empresa privada que usa un espazo e edificio público para lucro persoal”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...