A agrupación de En Marea en Ribadeo, que anunciou candidatura para as vindeiras eleccións aínda que non un candidato polo de agora, avogou pola creación dun “consello de participación cidadá con presenza daqueles colectivos que o desexen, cun un papel activo na vida municipal”.
O partido instrumental propón que o consello acabe, antes de finalizar o 2019, un borrador de regulamento de participación cidadá que estableza os mecanismos para fomentala.
En Marea pretende potenciar a participación do tecido asociativo en sectores como a educación, igualdade, saúde, medioambiente, deporte ou cultura, “facilitando o acceso á información e á participación das interesadas nas políticas municipais”.
OUTRAS PROPOSTAS
A creación dunha radio veciñal con licenza municipal, a posta en marcha de orzamentos participativos, a creación dunha concellería de transparencia ou a rotación do pleno municipal por parroquias son algunhas das propostas de En Marea no eido da participación cidadá.