IniciosociedadeO Parador de Ribadeo, entre os 20 de España que admitirán mascotas

O Parador de Ribadeo, entre os 20 de España que admitirán mascotas

O hotel contará con zonas especiais para clientes que viaxen con animais de compaña

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Paradores aumentou a oferta de establecementos que admiten animais ata un total de 20, nos que contará con zonas exclusivas para os clientes que viaxen con mascota, informou este venres a compañía nun comunicado. Entre os que se incorporan está o de Ribadeo.

O conselleiro delegado de Paradores de Turismo, Óscar López, e o general mánager de Royal Canin, François Regis Ponçon, asinaron un acordo de colaboración para impulsar e promocionar o proxecto ‘Paradores Pet Friendly‘, coa incorporación dos establecementos de Artíes, Benicarló, Bielsa, La Gomera, La Palma, Limpias e Ribadeo.

CONDICIÓNS

Paradores contaba xa con 13 establecementos que permitían mascotas. Para aloxarse cun animal nalgún destes paradores, os clientes deberán confirmar se a idade e o tamaño do seu can ou gato atópase dentro das permitidas na reserva e que non responden a razas consideradas potencialmente perigosas.

Con esta iniciativa, ambas compañías buscan “crear unha contorna de viaxe no que as mascotas sexan cada vez máis benvidas e equipararse a outros países de Europa no tocante á integración dos animais de compaña na sociedade”, explicou Paradores.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...