Suárez Barcia revalida o seu liderado en Ribadeo

O PP e o PSOE aumentaron o seu apoio electoral nunha corporación con trece edís

Fernando Suárez Barcia celebra a vitoria electoral. AXM

O BNG renovou a súa maioría en Ribadeo. Nunha corporación que pasa de dezasete a trece edís, os nacionalistas obtiveron sete actas o que abre ás portas ao cuarto mandato de Fernando Suárez Barcia. A formación obtivo 2.581 votos fronte aos 2.887 dos pasados comicios.

O Partido Popular aumenta o seu respaldo ao pasar dos 1.201 aos 1.740 votos. Os conservadores, que renovaron o seu liderado con Daniel Vega, terán catro representantes na corporación municipal.

O PSdeG-PSOE tamén mellorou os resultados dos pasados comicios ao lograr o apoio de 765 electores fronte aos 571 de 2015. A candidatura socialista, encabezada por Marta Rey, logrou dúas actas.

En Marea (con 244 votos), Ribadeo Nos Une (221) e Compromiso por Galicia (65 sufraxios), que tamén presentaron candidatura, non lograron representación.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here