O ‘sorpasso’ en votos do BNG ao PP abre a porta ao primeiro goberno de esquerdas en Barreiros

Os nacionalistas empatan a cinco concelleiros cos populares e o PSOE obtén un edil

Candidatura do BNG de Barreiros, liderada por Ana Ermida. AXM

Barreiros deparou a gran sorpresa das eleccións municipais 2019 na Mariña Lucense co empate a cinco edís entre o Bloque Nacionalista Galego (BNG) e o Partido Popular (PP). A candidatura nacionalista, liderada por Ana Ermida, superou aos populares como a forza máis votada con 941 votos (46,47%), o que lle outorgará a posibilidade de formar un executivo de esquerdas por primeira vez en toda a democracia.

O PP de Alfonso Fuente Parga, alcalde desde 2005, obtivo 877 apoios, o 43,31% do escrutado, mentres que o PSdeG-PSOE de Carmen Veiga sumou 178 para acadar un edil. Unha coalición de esquerdas podería poñer fin a unha etapa de mandatos conservadores que duraba desde 1979, con Manuel Díaz Sampedro, Luis Fraga Leiro e o propio Fuente Parga.

“RESPONDEREMOS AO APOIO”

A líder da lista do BNG barreirense agradeceu o apoio dos votantes. “Aínda nos costa crelo, puxemos moito esforzo e moitas ganas neste proxecto e ser a primeira forza é algo impresionante. A sensación é de ilusión e de ganas e responderemos a este respaldo da cidadanía”, concluíu Ermida.

1 COMMENT

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here