BNG e PSdeG acordan un goberno de coalición en Barreiros

A socialista Carmen Veiga integrase no goberno da nacionalista Ana Ermida como concelleira de Asuntos Sociais e Segunda Tenente de Alcalde

Ana Ermida. AXM

Bloque Nacionalista Galego (BNG) e PSdeG-PSOE chegaron a un acordo para gobernar en coalición en Barreiros. A concelleira electa socialista, Carmen Veiga, apoiará a investidura da nacionalista Ana Ermida como alcaldesa despois de que as formacións pecharan este venres un pacto para formar o novo executivo.

Veiga asumirá á área de Asuntos Sociais e asumirá a Segunda Tenencia de Alcaldía, ademais de forma parte da Xunta de Goberno. No tocante ás retribucións, a socialista terá recoñecida unha dedicación parcial pola que recibirá 12.600 euros anuais. A alcaldesa, Ana Ermida, terá unha dedicación exclusiva pola que percibirá 29.000 euros anuais.

ACORDO PROGRAMÁTICO

Ademais, as formacións chegaron a un acordo para levar a cabo diferentes actuacións ao longo do mandato, entre elas a realización dunha auditoría, o inicio dos trámites para un centro de día ou a mellora da rede de saneamento das zonas costeiras.

“Tiñamos claro que había que cambiar de goberno e fomos xenerosos”, valorou Ana Ermida, que este sábado será investida cos votos dos cinco edís nacionalistas e o apoio de Carmen Veiga.

Ermida tomará o relevo do popular Alfonso Fuente Parga, alcalde desde 2005,  á fronte do concello barreirense, que terá un executivo de esquerdas por primeira vez desde a democracia.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here