IniciosociedadeRibadeo inicia unha campaña pioneira contra as violencias machistas no Camiño de...

Ribadeo inicia unha campaña pioneira contra as violencias machistas no Camiño de Santiago

O proxecto, que arrincou este mércores, pretende contribuír a "crear ambientes seguros" e "desterrar mensaxes" que cuestionan a liberdade das mulleres para viaxar soas"

Publicada o

- Advertisement -

Concello de Ribadeo puxo en marcha unha campaña pioneira contra as violencias de xénero arredor do Camiño de Santiago.

Baixo o nome ‘Ribadeo, Camiño seguro‘, as concellerías de Igualdade e Turismo desenvolven un programa que arranca este mércores con accións de sensibilización sobre o dereito das mulleres a viaxaren soas.

SENSIBILIZACIÓN

O concello repartirá folletos informativos en galego, castelán e inglés -con tradución de Sara Canto– en albergues, oficinas de turismo e establecementos de hostelaría e servizos.

Ademais, promoverá o diálogo e o intercambio de experiencias entre viaxeiras a través dos hastags #RibadeoCamiñoSeguro #OteuXacobeo e #Xacobeo2021. Así, habilitarase unha liña telefónica -o 609 050 076- para que compartan o que supón viaxar soas.

A concelleira de Igualdade, Mari Luz Álvarez, sinalou que estas accións serán o punto de partida dunha campaña que se extenderá con outras intervencións no ámbito da sensibilización e da prevención.

Nas vindeiras semanas,  gravarase un vídeo sobre esta temática coa participación de persoas implicadas na dinamización do Camiño Norte e imaxes da contorna do itinerario, xa que outro dos obxectivos do proxecto, que conta con financiamento do Xacobeo, é poñer en valor ese patrimonio.

PACTO LOCAL

A edil anticipou tamén a celebración dun foro que reunirá participantes do sector da hostelaría e a hospedaxe e a mulleres dispostas a compartir a súa experiencia como viaxeiras.

Neste senso, Álvarez sinalou que, dacordo cos datos dos que dispón o Concello, as rapazas alemás e coreanas son as que máis viaxan soas, “incluso nalgunhas universidades alemás potencian como créditos que se fagan esas experiencias de vida”, expuxo.

As actividades previstas incidirán nun mellor coñecemento da problemática a que se enfrontan as mulleres como viaxeiras xa que, segundo avanzou a edil, a campaña finalizará coa proposta dun pacto local no que se definirían estratexias para previr ou axudar ás persoas que sufriran a problemática das violencias de xénero neste ámbito.

A concelleira ribadense, que remarcou a colaboración da Área de Turismo no proxecto, sinalou que “as institucións deben contribuír a crear ambientes de seguridade e desterrar as mensaxes que coartan a liberdade das mulleres para poder viaxar e disfrutar soas e seguras sen seren cuestionadas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...