IniciosociedadeA Festa do Percebe porá en valor o patrimonio de Rinlo con...

A Festa do Percebe porá en valor o patrimonio de Rinlo con visitas guiadas ás antigas cetáreas

A localidade ribadense repartirá 750 quilos do seu produto estrela o vindeiro 3 de agosto

Publicada o

- Advertisement -

Rinlo celebrará unha nova edición da Festa do Percebe, o vindeiro 3 de agosto, co engado de visitas guiadas ás antigas cetáreas.

Unha mariscadora da confraría local acompañará as persoas interesadas pola ruta que une os tres vellos criadeiros, que empezaron a construirse a comezos do século pasado.

Haberá un percorrido pola mañá e outra pola tarde cun aforo de 75 persoas (inscricións no 646 116 136 e no 677 629 215), que poderán desfrutar tamén dunha degustación de percebes.

A actividade incide na singularidade histórica da localidade ribadense, que fixo do crustáceo que medra nos cantís que percorren a súa costa unha bandeira gastronómica.

“Todo o produto é de aquí, de toda a zona de Ribadeo que temos delimitada para collelo”, indicou este venres na presentación da festa Eloy Marcos, da agrupación de pescadores, que aproveitan a semana antes de mareas vivas para apañar o marisco nas condicións máis favorables e organizar o evento.

A RACIÓN, A 13 EUROS

En total, recolleron 750 quilos que se repartirán na carpa instalada no porto a 13 euros a ración. Tamén se distribuirá un vaso conmemorativo do evento, que chega á décimo sexta edición.

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, remarcou na presentación a capacidade de convocatoria da festa e “o traballo e a dificultade” que supón apañar o percebe.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...