InicioSucesosDetido por facer pintadas en vagóns na estación de Ribadeo

Detido por facer pintadas en vagóns na estación de Ribadeo

A Garda Civil prendeu a un mozo de Vigo de 21 anos de idade e imputou outro rapaz, de 26, de Vilavella

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Axentes da Garda Civil detiveron en Ribadeo a un mozo ao que sorprenderon cando supostamente realizaba pintadas nos vagóns de tren da liña de Ferrocarrís Españois de Vía Estreita (FEVE) que se atopaban na estación ribadense.

Segundo precisou a Benemérita, o arrestado é un rapaz de 21 anos de idade, que reside en Vigo.

A investigación dos axentes permitiu imputar tamén como investigado polas mesmas pintadas nos vagóns dos tranvías estacionados a un veciño de Vilavella, de 26 anos de idade.

DELITO DE DANOS

O detido e mailo investigado foron postos a disposición xudicial como supostos autores dun delito de danos.

ÚLTIMAS

O Concello de Viveiro denuncia que o Centro de Saúde “segue igual a pesar das promesas da Xunta”

O Concello de Viveiro continúa a denunciar a situación do Centro de Saúde do...

Ribadeo prende as luces do Nadal 2023-2024

Co acendido esta tarde do alumeado Ribadeo deulle á benvida ao Nadal. O alcalde,...

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...