IniciosociedadeIndignación entre os comerciantes ribadenses por novos cortes de luz en plenas...

Indignación entre os comerciantes ribadenses por novos cortes de luz en plenas festas

O xerente da asociación de comerciantes e hosteleiros califica as caídas de subministración como "vergoñentas e intolerables" e pide "responsabilidades" a Viesgo

Publicada o

- Advertisement -

Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autonómos (Acisa) de Ribadeo denuncia “micro cortes de luz case a diario” en plenas festas patronais, o último deles na mañá deste xoves.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, calificou de “vergoñentos e intolerables” estas caídas da subminitración na semana grande e pide á eléctrica Viesgo que se “responsabilice dos danos causados cada vez que se vai a luz, sexan tres segundos ou cinco minutos”. “É lamentable que en pleno século XXI teñamos esta situación, con todo o que iso supón para as empresas”, engadiu.

DANOS NOS LOCAIS

Segundo explicou, “cada vez que se producen estes cortes de luz recibimos na nosa oficina ducias de chamadas dos nosos asociados e asociadas queixándose dos danos e prexuízos que todo isto lles ocasiona. Sempre hai algunha máquina que se queima”.

“Seguimos sen entender o que está a pasar cando ademais contamos cunha nova subestación eléctrica, que se supoñía que ía poñer fin a toda esta problemática, que xa é moi vella, e que desgraciadamente continúa. Queremos que Viesgo nos explique qué está a pasar en Ribadeo”, esixiu Pérez.

DÍA DA PATROA

Desde Acisa “animan” aos establecementos a pechar as súas portas o vindeiro domingo 8 de setembro, día da patroa.

Aínda que durante o resto do ano, o comercio ribadenses abre os domingos pola mañá, a asociación “recomenda” neste caso descansar e gozar dos festexos. Confirman que os supermercados e “a maior parte do comercio pequeno” terán pechado.

 

 

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...