A zona da Mariña Lucense terá na noite deste martes, 15 de outubro, aviso amarelo por vento forte con refachos de máis de 80 quilómetros por hora.
Así o indica o Boletín de tempo meteorolóxico con avisos publicado por Meteogalicia no que explica que este martes unha profunda borrasca situada ao oeste de Irlanda deixará vento intenso do suroeste.
A PARTIR DAS 21.00 HORAS
Por iso, a partir das 21.00 horas deste martes o aviso será amarelo na Mariña por refachos de vento superiores aos 80 quilómetros por hora. Ademais, a partir das 18.00 horas deste martes haberá aviso amarelo por vento no mar na Costa da Morte e no noroeste da provincia da Coruña, debido a vento do suroeste forza 7.