InicioOrientalYayo Daporta será xurado do Ribadeo de Tapeo

Yayo Daporta será xurado do Ribadeo de Tapeo

Un total de 44 locais participarán na décimo terceira edición do evento, do 11 ao 20 de maio

Publicada o

- Advertisement -

Cociñeiros de recoñecido prestixio como Yayo Daporta, Gonzalo Pañeda e Lucía Freitas formarán parte do xurado profesional que elixirá os mellores petiscos do Ribadeo de Tapeo, que se celebrará do vindeiro venres ao 20 de maio. Un total de 44 establecementos de hostelería participarán na décimo terceira edición do evento gastronómico.

Lucía Freitas, elixida no 2016 como a segunda mellor cociñeira do ano en Alimentaria, encárgase da cociña do restaurante A Tafona, de Santiago de Compostela. Gonzalo Pañeda, un dos chefs máis recoñecidos de Asturias, é o responsable de Agua, en Xixón, que conta cunha Estrella Michelín. Tamén acadou este recoñecemento o establecemento cambadense de Yayo Daporta, presentador no 2014 do programa Top Chef xunto a Susi Díaz e Alberto Chicote. Tamén formarán parte do xurado Marcos Santamaría Somoza e Carlos Pérez Blanco, profesores do IES de Foz. A selección dos mellores petiscos será o día 21, no hotel Voar.

a cita inclúe rutas por as catedrais ou un concerto de miro casabella

O público tamén participará co seu voto, a través das tarxetas que terán á súa disposición nos establecementos. Os clientes poderán gañar máis dunha trintena de premios, como ceas, menus degustación ou cestas de produtos ecolóxicos. Ademais, os celíacos poderán deleitarse cos sabores de Ribadeo de Tapeo sen prexudicar a súa saúde. Alomenos dez locais contarán con tapas sen glute e vexetarianas. Cada un dos petiscos terá un custo de 1,5 euros.

UNHA GASTROXINCANA, NOVIDADE

Pero a gastronomía non é o único alicente que ofrece o Ribadeo de Tapeo. O goberno local programou teatro para os máis pequenos, roteiros guiados por As Catedrais, concertos da banda de música ribadense e do cantautor de O Valadouro Miro Casabella ou unha GastroXincana por equipos, con probas de habilidade e coñecemento. Ademais, nove hoteis ofrecerán descontos en aloxamento para acudir á cita.

A concelleira ribadense de turismo, Ana Martínez, agradeceu á hostalería do municipio a súa colaboración, “xa que sen eles sería imposible facer este evento, que se consolida e xa é un clásico. Nesta décimo terceira edición do Ribadeo de Tapeo pretendemos pór en valor o papel das tapas como elemento diferencial da nosa gastronomía”, asegurou Martínez na presentación do evento, á que acudiron tamén o alcalde, Fernando Suárez Barcia, e o edil de cultura, Farruco Graña.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...