InicioSucesosCortan o cableado do cadro de bombeo do pozo de Anguieira, en...

Cortan o cableado do cadro de bombeo do pozo de Anguieira, en Barreiros

A avería foi reparada sen que afectase ao sistema de saneamento, que bombea as augas residuais das vivendas á depuradora; o Concello denunciou os feitos ante a Garda Civil

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros denunciou ante a Garda Civil que persoas descoñecidas cortaron o cableado do fornezo eléctrico do cadro de bombeo do depósito de Angiueira, desde onde se bombean augas residuais das casas da zona ata a depuradora. A avería foi reparada sen que afectase ao servizo.

Segundo explica a alcaldesa, a nacionalista Ana Ermida, foi un técnico municipal quen, nunha revisión rutinaria, advertiu que o pozo rebordaba. O cadro de bombeo precisou dunha reparación que custou arredor de 300 euros, pero os danos poideron ser maiores, dado que os vándalos cortaron o cable neutro, o que puido provocar que a bomba se queimase.

A área é unha zona maioritariamente de segundas residencias, polo que a carga é menor que noutros lugares do municipio e o tempo que transcurriu entre que se cortou o cableado e se procedeu á reparación, cuxa duración o Concello descoñece, non supuxo que o servizo se vise afectado.

O goberno local denunciou os feitos ante a Garda Civil. “Como estaba cortado o cableado demostra que foi adrede, non unha falcatruada de pícaros. Para iso precísase un determinado material, pero pensar nun sabotaxe é estraño. É algo ao que non lle atopamos sentido, pero que si puido provocar danos máis cuantiosos e un problema para todos”, concluíu Ermida.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...