O último lugar no que vivín en Compostela era minúsculo. Un piso de estudantes con pouca luz, pouco espazo e cun diminuto anaco de ceo visible dende a ventá. Gárdolle agarimo a aquela casa pero por nada do mundo me querería ver alí durante esta corentena. Hai paredes que pechan máis ca outras.
As cidades e edificios que parecen pensados para as necesidades do traballo, en vez de para as da vida, vólvense agora máis inhumanos se cabe. As desigualdades en torno á vivenda, dereito fundamental, incrementan a vulnerabilidade dos de sempre: “Non é o mesmo vivir este momento de incerteza económica e laboral nunha casa en propiedade sen pagos pendentes que nun piso en alugueiro ou cunha hipoteca por amortizar”, en palabras de Iago Lestegás, arquitecto e doutor en Urbanismo.
“Cando esta pandemia remate, as aldeas galegas van volver repoboarse”, dicía estoutro día nunha entrevista ao Lugo Xornal a neurocientífica Sonia Villapol (Bretoña – A Pastoriza). A min cústame caro crelo.
Continúa o Diario de Corentena de Xornal de Lemos, Lugo Xornal e Xornal da Mariña. Preme abaixo para continuar a ler o artigo de Silvia López.