IniciosociedadeRibadeo ofrécese para calcular o aforo de cara á apertura dos interiores...

Ribadeo ofrécese para calcular o aforo de cara á apertura dos interiores de bares e comercios

Os titulares poden solicitar aos servizos técnicos o dato do máximo de persoas permitido, a fin de cumprir coas restriccións do plan de desescalada para evitar aglomeracións

Publicada o

O Concello de Ribadeo ofrécese para calcular o aforo dos distintos establecementos do comercio local que atenden ao público, entre eles os de hostalería, a fin de que os titulares dos negocios saiban cal é o máximo de persoas permitido que poderán acoller na fase 2 do plan de desescalada, na que se permite abrir, con restricións, o interior dos locais.

NA FASE 2 ABRIRASE O INTERIOR DOS NEGOCIOS

A falta de aprobar a entrada da provincia de Lugo nesta segunda fase, e tamén de que o Boletín Oficial do Estado (BOE) recolla a normativa oficial a aplicar, a previsión do Goberno a finais do mes de abril era a de permitir como máximo un terzo do aforo dos establecementos.

SOLICITUDES

Neste sentido, “co ánimo de facilitar na medida do posible a todos os negocios que atenden ao público, da hostalería e do comercio”, o Concello de Ribadeo publicou un bando no que insta a pedir “canto antes” o cálculo de aforo máximo a todos aqueles propietarios que o precisen. Os titulares poden pedir este dato mediante unha declaración responsable co número de metros cadrados do espazo e os servizos técnicos responderán á solicitude. Os empresarios deberán ter colocada esta comunicación, de carácter firme, nos seus locais.

“SEGURIDADE XURÍDICA”

O alcalde, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, concreta que “o obxectivo é que locais comerciais, bares, restaurantes e establecementos públicos, se vaian preparando para as diferentes fases da desescalada e teñan seguridade xurídica“. A obriga de concretar o dato de aforo é “algo que nos últimos anos viñamos esixindo a quen emprendía un negocio ou unha actividade nova, pero que antes non era así, polo que cremos que moitos empresarios non saben cal é o do seu local”.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...

Ribadeo prepara varias actividades para o Nadal que estarán en diferentes localizacións

A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido...

En prisión provisional o veciño de Burela que acoitelou a outro home o venres

O home acusado de ferir con arma branca a outro home no municipio de...