Os baños das praias da Catedrais e Os Castros serán de pago este verán, segundo anunciou o concelleiro de Medio Ambiente de Ribadeo, Jorge Díaz. O prezo do acceso será de un euro por persoa,
As Catedrais e Os Castros son os dous areais do municipio que acadaron a bandeira azul. “Queremos ser exemplares na limpeza dada a pandemia do Covid-19, referentes no bo uso das instalacións”, argumenta Díaz, que lembra que a entrada nos baños será, segundo o protocolo sanitario “dunha en unha persoa”, con posterior “desinfección”.
Díaz concretou que se abrirán os baños de Esteiro e Bloques, “cunha limpeza máis frecuente do habitual”, non así o das Illas.
O concelleiro reclamou a veciños e turistas “que todo o mundo sexa prudente, respecte a distancia de seguridade interpersoal e poña a máscara alomenos ata a súa chegada ao areal”.
O edil ribadense concreta que os areais terán a debida sinalización. “Estarán contidas as recomendacións de uso e medidas de seguridade”, expuxo.