UN SISTEMA DE HUMIDAIS ARTIFICIAIS, ALTERNATIVA A UNHA DEPURADORA CATRO VECES MÁIS CARA
Neste sentido, á hora de valorar outras alternativas, Vázquez comprometeu “apoio técnico e financieiro” para solucionar un problema ambiental que ten a súa tradución nos continuos vertidos na praia de Arealonga, con constantes problemas de contaminación microbiolóxica.
CONSUMO DE AUGA
A conselleira reclamou ao Concello “a importancia de promover entre os veciños un consumo responsable da auga, xa que nas comarcas da Mariña e do Ortegal continúa activo o estado de prealerta por posibilidade de seca”.
“Aínda que as recentes chuvias indican un cambio de tendencia a nivel meteorolóxico e hidrolóxico, cómpre manter a prealerta ata que se consolide o aumento do nivel base dos ríos”, expón a Consellería.