EFE. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) de Ribadeo considera “inxustas” as restriccións impostas polas diferentes Administracións para frear os contaxios da covid-19, tanto o toque de queda como o peche do Principado de Asturias, porque levan aos negocios da localidade “ao bordo do colapso”.
“Se seguimos a este paso non vai facer falta que nos pechen os negocios, ímolos ter que pechar nós porque non poderemos facer fronte ás débedas“, dixo o presidente deste colectivo, Francisco Iriarte.
Para Iriarte, “o peche da mobilidade con Asturias foi o último golpe. Ribadeo vive en máis dun 60 por cento dos clientes que proveñen do Principado de Asturias, tanto do Occidente como das tres principais cidades e da conca mineira”, remarca.
Por iso, “pechar de novo a mobilidade implica perder nosa principal fonte de ingresos, que xa se atopaba moi mermada”, advirte.
“Isto para Ribadeo é un golpe sen paliativos, que nos pon nunha situación crítica. É difícil de entender que os veciños de Vegadeo, Tapia, Castropol, Navia e alrededores, nunha situación epidemiolóxica suponse que similar á nosa, non poidan cruzar a Ponte dos Santos, rompendo así unhas sinerxias históricas”, lamenta.
No pasado mes de maio, durante o previo estado de alarma, 14 municipios fronteirizos da provincia de Lugo e Asturias reclamaron que se levantasen as restriccións aos desprazamentos entre ambas comunidades, falando da separación de familias, da imposibilidade de acceder a propiedades, en suma, dunha comarca natural que a medida frustra.