A Garda Civil detivo na localidade de Ribadeo a un veciño de 48 anos de idade deste municipio como presunto autor dun delito contra a saúde pública pola venda de sustancias estupefacientes das que se provía en Ferrol.
Segundo informou o Instituto Armado, a operación policial iniciouse tras detectar as entradas e saídas frecuentes de presuntos consumidores de sustancias estupefacientes nas inmediacións dunha vivenda situada na localidade de Ribadeo.
O presunto autor supostamente desprazábase á localidade de Ferrol a proverse de sustancias estupefacientes para a súa posterior venda polo miúdo durante o fin de semana, explicaron as mesmas fontes.
Por iso, activouse un operativo de control onde foi detectado o presunto autor cando circulaba cun turismo pola autovía A-8. Localizáronlle 51 doses de suposta cocaína base e 88 doses de suposta heroína, as cales supostamente ían destinadas para a venda a consumidores da Mariña lucense.
A persoa detida foi posta a disposición do Xulgado de Instrución Número 1 de Mondoñedo (Lugo). Mentres, a operación continúa aberta e non se descartan máis detencións.