IniciosociedadeNegativas as 49 PCR realizadas na residencia de Trabada tras un positivo...

Negativas as 49 PCR realizadas na residencia de Trabada tras un positivo entre o persoal

Un total de 27 usuarios e 22 traballadoras sometéronse ás probas, realizadas a primeira hora desta mañá por persoal sanitario da Deputación de Lugo

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación Provincial de Lugo concretou que as probas de coronavirus realizadas na residencia de Trabada, onde se localizou nas últimas horas un positivo entre o persoal de Mensajeros de la Paz, foron todas negativas.

O goberno provincial concretou que o laboratorio comunicou na tarde deste mércores que as 49 PCR realizadas -aos 27 usuarios e 22 traballadoras do centro- foron negativas, incluíndo unha segunda análise realizada tras unha proba “non concluínte”.

O cribado, concreta, foi realizado a primeira hora deste mércores, tras adquirir os kits para a realización das probas PCR, por “persoal sanitario da Deputación de Lugo, coa formación técnica necesaria para a recollida de mostras”.

A través dun comunicado de prensa, a Deputación explica que toda a comunidade do centro de maiores, residentes e traballadoras, sometéronse tamén ás probas diagnósticas prescritas polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).

A persoa traballadora que resulto infectada, conclúe o executivo provincial, está “asintomática” e “non tivo contacto coa comunidade do centro de maiores desde hai seis días, cando foi coñecedora de ser contacto directo con outra persoa traballadora da residencia de maiores de San Cibrao que resultou positiva”.

A Deputación recibe “con satisfacción” este resultado e argumenta que “os protocolos de seguridade que aplica nos centros de maiores da súa titularidade dende antes da declaración do primeiro Estado de Alarma, en moitas ocasións con medidas por riba das establecidas polas autoridades sanitarias, están dando bo resultado”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...