IniciosociedadeA Xunta decreta restricións en Barreiros e Trabada

A Xunta decreta restricións en Barreiros e Trabada

Carballeda de  Valdeoras, O Grove e A Pobra do Caramiñal seguirán baixo as máximas restricións.

Publicada o

Carballeda de  Valdeoras, O Grove e A Pobra do Caramiñal seguirán baixo as máximas restricións, pois así o aconsellou este martes na súa reunión o comité clínico que asesora á Xunta na xestión da pandemia.
A asemblea de expertos, informa un comunicado, determinou tamén o establecemento do nivel alto de restricións en dez municipios, que son os de Monterrei, Cortegada, Padrenda, O Barco de Valdeorras, Rubiá, Barreiros, Carral, Boimorto, Boiro e A Illa de Arousa.
No medio, están as localidades do Irixo, Trabada, Meira, A Pobra do Brollón, Muxía, Cambre, Ortigueira, Ribeira, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Vilanova de Arousa, As Neves, Gondomar, Marín e Meaño.
No resto dos concellos estarán vixentes as restricións do nivel medio baixo. Todas estas medidas, sinala a nota, entrarán en vigor ás 00:00 horas do venres próximo.
En Galicia son catro os niveis. O máximo é o máis severo pois implica peche perimetral e a hostalería permanecerá pechada, salvo para recollida. No nivel baixo, medio e alto, hai características comúns, pois a mobilidade está permitida entre todos os concellos destes niveis e a hostalería ten o tope de peche ás nove da noite.
Os aforos si varían, pois no alto só poden operar as terrazas e ao cincuenta por cento; mentres que no medio permítese 30% en interior e 50 en exterior, e no baixo 50% en interior e 75% en exterior.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...