IniciosociedadeA concesionaria da Illa Pancha insiste en que ningún xulgado recoñeceu aínda...

A concesionaria da Illa Pancha insiste en que ningún xulgado recoñeceu aínda que o illote sexa de acceso público

O colectivo Por Nuestro Faro destacaba nun artigo publicado por Xornal da Mariña que existía xa unha sentenza xudicial que obrigaba á empresa a permitir a entrada na illa.

Publicada o

“O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo non se pronunciou sobre a apertura da illa Pancha”. É o que sostén a empresa Eirobra A Mariña, concesionaria da explotación do faro do illote de Ribadeo mediante dous apartamentos turísticos.
Deste xeito, desmentiu que exista pronunciamento xudicial algún sobre o libre acceso á illa tal e como mantén o colectivo Por Nuestro Faro nun artigo de opinión publicado polo Xornal da Mariña. “Non era a cuestión obxecto do debate xudicial exposto”, din desde a empresa porque se centra “en confirmar a competencia do Concello de Ribadeo para verificar que Eirobra A Mariña, como responsable da concesión, garante que, dentro dos límites marcados polo título concesional e pola súa propia organización e dirección empresarial, o acceso ao establecemento hostaleiro para os clientes do hotel é libre“.
Ademais insiste en que o fallo xudicial non é firme e se atopa recorrido en apelación ante a Audiencia Provincial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...