InicioOrientalA PontenovaA Pontenova estrea unha árbore de Nadal elaborada polo alumnado de FP...

A Pontenova estrea unha árbore de Nadal elaborada polo alumnado de FP dual de soldadura e caldeiraría do Instituto Enrique Muruais

A árbore que mide preto de 5 metros, está realizada polos 12 alumnos da primeira promoción do curso de FP dual de soldadura e caldeiraría.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello da Pontenova estrea unha nova árbore de Nadal, que está ubicada na praza do Concello, e que foi realizada polo alumnado de FP dual de soldadura e caldeiraría do Instituto Enrique Muruais, co que colabora economicamente o Concello da Pontenova.

O alcalde, Darío Campos agradeceu o agasallo realizado polos alumnos deste centro ao concello, “nunha vila que conta con tanta tradición no mundo do ferro é un verdadeiro privilexio contar con esta pequena obra de soldadura. Estou moi orgulloso do traballo destes estudantes, agora podemos comprobar e ver con ledicia que este oficio segue tendo futuro”.

A árbore que mide preto de 5 metros, está realizada polos 12 alumnos da primeira promoción do curso de FP dual de soldadura e caldeiraría que se imparte no Instituto Enrique Muruais da Pontenova. O material coa que se construíu a árbore é ferro, aluminio e aceiro inoxidable. Para o ano esperan que siga medrando e facela máis grande.

ÚLTIMAS

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...

O Concello de Viveiro leva aos institutos as actividades do 25N

A programación do Concello de Viveiro con motivo do 25N, o Día Internacional da...

Burela informará o venres á hostalaría local sobre o a implantación do contedor marrón

O Concello de Burela está a preparar a implantación do contedor marrón de...

O Concello de Burela tratará no pleno ordinario a aprobación dunha nova ordenanza de tráfico

O Concello de Burela celebra mañá, xoves día 30 de novembro, un novo pleno...