InicioOrientalA PontenovaO proxecto EoAlimenta organiza para este mércores unha xornada sobre alimentación na...

O proxecto EoAlimenta organiza para este mércores unha xornada sobre alimentación na Pontenova

Á reunión están convidados os alcaldes e alcaldesas que forman parte do proxecto, así como responsables das entidades colaboradoras.

Publicada o

- Advertisement -

Bo día, o vindeiro mércores, 15 de marzo, celébrase na Pontenova unha xornada do proxecto EoAlimenta. A primeira hora, terá lugar a reunión do Grupo Motor, coa presenza de Lourenzo Fernández Prieto, catedrático da USC e responsable do proxecto, na que se fará balance e se presentarán as actividades que conforman a nova fase do mesmo: “ComerEo. Da horta á mesa”.

Á reunión están convidados os alcaldes e alcaldesas que forman parte do proxecto, así como responsables das entidades colaboradoras. Posteriormente, ás 11 h, o xerente da reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, Jorge Blanco, impartirá unha charla obradoiro sobre a experiencia de creación dunha marca de calidade de produtos da Reserva. A charla é aberta a todas as persoas interesadas.

Información e Inscricións: https://forms.gle/v56fCMjZ8WYkDiuW8

ÚLTIMAS

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

Alerta marela por ventos fortes na Mariña

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Vicepresidencia da Xunta, activou a alerta...

Acto vandálico no Photocall de Nadal instalado por ACISA Ribadeo

O photocall do Nadal de Acisa Ribadeo, instalado na rúa Rodríguez Murias, foi obxecto...

Iván Cabanas: “Ceibarrimas quere traer o rap á zona e animar á xente de aquí a rapear”

-Que é o Ceibarrimas e cal é a finalidade do mesmo? Consiste en facer “batallas...