A Pontenova leva unha semana cun só médico ao non cubrir o Sergas unha baixa

O alcalde denuncia que os pontenoveses "ven minguados os seus dereitos" ao non substituírse de novo o facultativo, nun verán no que a poboación do municipio "medra"

Exterior do Centro de Saúde da Pontenova. GOOGLE MAPS

JUAN MAYA. O rexedor da Pontenova, Darío Campos Conde, criticou este luns a xestión sanitaria na localidade. “Dende fai máis dunha semana só hai un médico para atender aos pacientes da vila. Primeiro suprimiron unha praza de facultativo das tres que había, e agora hai unha baixa e non a cobren”, explicaba Conde.

O alcalde pontenovés critica que os 2.300 habitantes da Pontenova só sexan atendidos por un único médico dos dous que lle corresponden ao municipio. Conde considera que os “visitantes e veciños ven mermados os seus dereitos sanitarios.

Conde arremeteu contra a xestión do Partido Popular nun momento no que “estamos atravesando unha pandemia tan grave como a da covid-19” e nunhas “datas especiais cando a nosa poboación medra”.

NO 2018 O MUNICIPIO PERDEU UN FACULTATIVO

A actual problemática ten o seu inicio a principios do ano 2018, debido a que a praza do doutor Ramón Castro nunca se chegou a substituír despois de que se xubilara. A Pontenova quedaba deste xeito con tan só dous médicos, número que se axustaba, segundo como explicou o responsable provincial de Atención Primaria, ao ratio legal de doentes por facultativo. Un dos dous galenos cos que conta o centro na actualidade atópase de baixa e o Sergas non cubríu a praza

O alcalde rexeita agora a supresión paulatina das prazas e esixe unhos servizos públicos de calidade”, nun municipio “cunha poboación altamente envellecida, onde os pacientes xa contan cunhas patoloxías que merecen mais atención e máis tempo de consulta”.

“Esiximos ao PP que cubra a praza médica da Pontenova para que a veciñanza poida ser atendida con tódalas garantías médicas”, xa que “un médico non chega para atender aos veciños”, concluíu Campos Conde.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here