InicioOrientalA PontenovaLocalizado en Madrid tras estafar a unha veciña da Pontenova a través...

Localizado en Madrid tras estafar a unha veciña da Pontenova a través de Internet

A muller mandoulle case 4.000 euros para mercar un coche que nunca recibiu.

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil identifica a un veciño de Madrid como suposto autor dun delito de estafa a través de internet a unha veciña da Pontenova.

Esta muller localizou a través dunha páxina de compra-venda de vehículos en Internet un turismo por valor de 3900 euros, polo cal se interesou e ponse en contacto co vendedor a través de correo electrónico. Este instoulle a realizar o pago a través dunha empresa de mensaxería, que sería a intermediaria entre ambos. A continuación realizou dous pagos por valor de 2000 e 1900 euros, sendo o total destes os 3900 euros solicitados, recibindo a continuación unha mensaxe confirmando o pago e así mesmo solicitando que realizase un novo pago de 1500 euros en concepto de fianza.

Nese momento, a denunciante decátase que pode ser vítima dunha estafa, póndose en contacto coa empresa de mensaxería, confirmándolle dita empresa, que ese non é o procedemento que eles seguen e que xa recibiron máis chamadas por casos similares. Na denuncia interposta en dependencias da garda civil, soamente achega como datos para o esclarecemento un correo electrónico e un número de conta bancaria.

Froito da investigación compróbase que o número de conta corresponde a unha entidade bancaria estranxeira que se dedica á intermediación de activos financeiros. Ao titular da conta figúranlle detencións por diversos delitos, entre eles por estafa, apropiación indebida e contra a saúde pública.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...